BANDA DE MÚSICA DE VILATUXE.
Galego Castelan
Páxina principal  
Historia da banda
Director
Escola de música
Fotos e Videos
CONTACTO
CALENDARIO
  Youtbe Facebook Twitter        
 
 
 
 
 
 
 

 

VÍCTOR MANUEL VILARIÑO SALGADO

 

Santiago de Compostela 1987.

Inicia os seus estudos musicais ós 10 anos da man de Bernardo Hermida, pasando a formar parte posteriormente da UMPL onde recibirá clases de profesores como Roberto Hermida, Luís González ou Guillermo Sabarís. En 2003 consegue por concurso unha beca de estudos na EAEM onde se especializará en práctica e repertorio orquestral con Javier Simó e Ramón Llátser.

En 2006 diplómase sendo o seu profesor Fernando Rey e en 2010 licénciase no Conservatorio Superior de Música de Vigo acadando as máis altas calificacións. Nesta etapa recibe clases de Luís González, Javier Viceiro e Adolfo Caride.

Formou parte da EAEM(2003-2006), OJSG(2006-2008), JONDE(2008-2011), EUYO(2011-2012).

Cursa estudos de máster en especialización orquestral a través da EAEM e a RFG entre 2011 e 2013.

Como solista gañou diversos concursos, entre eles o Xosé Valcárcel ou o 1º Premio á Excelencia musical que outorga a Fundación Paideia e a Xunta de Galicia; xunto cos estudos de grabación Mans, edita o seu primeiro CD en 2012.

Colabora coa RFG, OCG, OJB Simón Bolívar(Venezuela), OSCYL, ONE, OSG... así como con prestixiosas batutas das que destacan Rafael Freibück de Burgos, Vasily Petrenko, Gustavo Dudamel, Josep Pons, Alberto Zedda, Cristian Zacharias... e recibe clases de grandes pedagogos como Javier Simó, John Aigi, Luís González, Roberto Bodí, Antonio Cambres, Benjamín Moreno, José Ramos, Bo Nilson...

Dende 2010 é director musical da Banda de Música de Vilatuxe (Pontevedra), coa que consegue diversos premios:

•  3º Premio no XI Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra (2012).

•  4º Premio no 127 CIBM Cidade de Valencia (2013).

•  1º Premio no VII Certame Galego de Bandas de Música (2013).

 

Actividade que compaxina coa de colaborador habitual nas distintas orquestras sinfónicas do panorama nacional, ó tempo que ocupa a praza de profesor de Vento Metal no Cmus Profesional de Música de A Estrada, profesor de trompeta na Escola de Música Municipal de Vila de Cruces, profesor na Escola de Música de Vilatuxe e membro do prestixioso quinteto de metais Hércules Brass.