BANDA DE MÚSICA DE VILATUXE, LALÍN, PONTEVEDRA .
CURRICULO
A Banda de Música de Vilatuxe foi fundada no ano 1942, non deixando de tocar nunca, a pesar da emigración que sufriu Galicia na postguerra. debaixo podemos ver unha das primeiras fotos do arquivo.

Ano 1945, Director ( Roldán).

Ano 1959, Director ( Enrique García Rey).
A súa historia é moi longa, vivindo etapas moi importantes, por ser moi coñecida dentro e, incluso, fóra de Galicia. En 1978, incorporou mulleres á plantilla, sendo unha das primeiras bandas de Galicia que o fai.

Ano 1977, Director ( Eliseo Pedreira).
Participa en Certames e Festivais, sendo en 1985, finalista no Certame Nacional de Bandas Populares de Madrid, acadando o segundo lugar. Nesta etapa, inclúese unha Sección de Gaitas, que lle deu e dá popularidade. Tén frecuentes actuacións dentro e fóra de Galicia, así como na TV.

Ano 1982, Director ( Barros).
A Banda evoluciona e vaise renovando, sobre todo con novos músicos procedentes da súa Escola . Nesta nova etapa, tanto o Director Víctor Manuel Vilariño Salgado, como a Xunta Directiva e tódolos compoñentes da Agrupación teñen como primeiro obxectivo que a Banda se perfeccione cada día, así é posible afrontar un repertorio musical variado e plural, tratando de manter unidas a música tradicional e a actual composta para bandas por compositores españois e extranxeiros, dando preferencia á Música Galega.

Director ( Pachote).

Fotografía Esquerda (Director Gregorio Mosteiro). Fotografía da Dereita (Director Jaime González).
A Escola de Música, a Asociación Cultural o Toxo e a Banda organizan tódolos anos o Festival de Nadal o 25 de decembro, con moito éxito.
Son moitos os premios que leva conseguido. Cabe destacar os últimos e que dan idea da gran etapa que está vivindo a Banda:
O 27 de outubro de 2012, gañou o
3º Premio, do 12º Certame de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra , o 19 de xullo de 2013, participou no prestixioso 127º Certame Internacional de Bandas de Música de Valencia, que se celebrou nesta cidade, quedando no 4º lugar da 2ª categoría, o 16 de novembro de 2013, gañou o
1º PREMIO da Sección 3ª , no 7º Certame de Bandas de Música de Galicia
e o 22 de novembro de 2015 acada o 3º PREMIO da Sección 2ª
no 9º Certame Galego de Bandas de Música Populares que se
celebrou no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Director ( Victor Manuel Vilariño).
Do 18 ao 22 de agosto de 2015 realizouse, no Auditorio de Vilatuxe, a
II SEMANA da MÚSICA que incluía o II Campamento Musical e o
6º Festival de Bandas de Música de Vilatuxe.
A Banda e a Escola pertencen a Asociacón Cultural Nova Banda de Música de Vilatuxe, tendo como local o Auditorio , onde se realizan os ensaios, se dan as clases da Escola e se celebran periódicamente concertos, tanto da Banda, como da Xuvenil e da Infantil, así como o Festival de Bandas de Vilatuxe.
|