ESCOLA DE MÚSICA DE VILATUXE E BANDAS INFANTIL E XUVENIL Aínda que a Banda de Música de Vilatuxe ven desenvolvendo unha labor cultural desde fai xa máis de 70 anos, non foi ata 1998 cando se fixo realidade a Escola de Música de Vilatuxe.
Baixo a labor didáctica que desenrolaban os propios compoñentes da Banda, de forma altruísta na súa maioría, e co fin de darlle un empuxe á canteira e á dinamización cultural da parroquia, acolle rapaces/as de moitas localidades de Lalín e de outros concellos limítrofes. Froito deste traballo nace en 1999 a Banda Xuvenil de Vilatuxe. O seu traballo desenvólvese en concertos ao longo de todo o ano, participacións en festivais (Silleda, Lalín, Bandeira, Padrón...), ademais de colaboracións coas corais de Rodeiro e o Carballiño ou concertos didácticos en distintos colexios e concertos de música de cámara. Sendo o seu principal impulsor Jaime González Pichel; tamén pasaron por esta formación mestres como Carlos Diéguez, Juan Lois, Alberto Piñeiro...
En 2011, a Escola leva a cabo unha profunda remodelación, cun proxecto educativo ambicioso, amplíase o número de especialidades ao tempo que se renova e aumenta o profesorado. O número de matrículas anuais aumenta considerablemente co fin de aprender, mellorar e perfeccionarse para formar parte da Banda, ou tamén poder ingresar nos conservatorios de música.
A consecuencia deste progreso créase en 2012 a Banda Infantil da Escola de Música de Vilatuxe que vén a aumentar o número de formacións que integran a devandita Escola.
Actualmente a Escola conta con máis de 60 alumnos/as entre as distintas especialidades, unha Banda Infantil con 35 compoñentes e unha Banda Xuvenil con 70, aproximadamente.
Dende 2011 o Director da Banda Infantil e da Banda Xuvenil de Vilatuxe é Víctor Manuel Vilariño Salgado.
Auditorio de Vilatuxe. (Lalin)
|